QUE FOI DO INTERREG EN ANTAS DE ULLA?
O Grupo Municipal do BNG solicitará do equipo de goberno do PP resposta no vindeiro pleno ordinario do 31 xaneiro de 2008 ás seguintes preguntas e que se teña en consideración os seguintes rogos :
P R E G U N T A S :
1. Ten pensado rematar os 600 metros que lle faltan de asfalto á pista “Velanxíl – Caira” obra esta orzamentada no 2003 en 12.777,82 euros segundo se recolle na resolución da alcaldía do 06/07/03. Así como os dous d
esanches que xa están feitos de Velanxil a Ribó?
(Foto do estado da pista en cuestión)1. Ten pensado rematar os 600 metros que lle faltan de asfalto á pista “Velanxíl – Caira” obra esta orzamentada no 2003 en 12.777,82 euros segundo se recolle na resolución da alcaldía do 06/07/03. Así como os dous d
2. Segundo dixo vostede nos medios de comunicación (18/02/2006) “aspiramos a crear un centro que sea referente en Galicia en el marco de la investigación y la formación sobre agricultura ecológica, para lo que ya contamos con una finca de unas 20 hectáreas”. Que foi dese proxecto? Ou acaso imos perder, unha vez máis, en Antas 300.000 € (50 millóns de pesetas) máis outros 100.000 € máis como mínimo, que aporta a Consellería de Medio Rural só porque vostede non quere que as institucións que financian controlen e fagan un seguimento do proxecto INTERREG, algo que semella totalmente lóxico? É propietario o Concello da totalidade da finca? Cando vai dar conta da venda dos pinos? Ou son estas as razóns polas que non presenta os orzamentos?
R O G O S :
· Que se adecenten, como solución de emergencia ata o seu arranxo definitivo, con zahorra as pistas Velanxíl – Caira, Velanxíl – Ribó e (Velanxíl – Peibás) – Ribó e que se proceda ao desbroce.
· Que se faga limpeza dos vertedoiros incontrolados; un na pista Caira – Velanxíl que ten ata escombro e outro entre Aboi e os Carreiros.
· Que se proceda a revisión das carencias de puntos de luz pública en Suar (cruce marquesina parada transporte escolar – a carón da Casa de José Manuel Fernández) e no camiño de Peibás – Velanxíl a altura da única explotación gandeira que hai nese traxecto.
· Que se dote de marquesinas as paradas de transporte escolar de Suar e Amarante.


0 comentarios:
Enviar um comentário