APOIO UNÁNIME A DÚAS MOCIÓNS NACIONALISTAS SOBRE A TARIFA ELÉCTRICA NOCTURNA E A PRESTACIÓN EFICAZ DO SERVIZO DE CORREOS EN ANTAS
O BNG obtivo o apoio unánime do Pleno para as mocións sobre a supresión da tarifa nocturna e para a prestación eficaz do servizo de correos porque tanto o PP como o PSOE asumiron que estas mocións prexudicaban aos consumidores da tarifa eléctrica antes referida e, con respecto a segunda moción, era unha perda de servizos que a cidadanía non se pode permitir.
Por outro lado, os nacionalistas reclamaron da alcaldía información sobre a empresa EPICA S.L., á que se lle modificou a redacción dun estatuto durante o Pleno extraordinario de hoxe, xa que non ten ningunha actividade coñecida desde a súa constitución no ano 2000. Soamente se sabe que se venderon uns piñeiros na finca de Barbalde e aínda no se coñece o prezo desta venda nin en que se investiron estes ingresos.Tamén descoñece a cidadanía, segundo explicou Xabier Doval portavoz do BNG, cándo se reuniu o Consello de Administración que está formado por edís do PP exclusivamente, cánto cobraron ou qué tipo de resolucións adoptaron para á promoción turística de Antas.
Así mesmo os concelleiros nacionalistas apoiaron o IIº Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes de Antas non sen antes lamentar non dispoñer de información sobre a aplicación do Iº Plan e a súa repercusión para así aprendendo dos erros optimizar a execución deste novo Plan que terá unha duración de 4 anos.

0 comentarios:
Enviar um comentário