O BNG DE ANTAS DE ULLA PROMOVE INVESTIMENTOS EN DORRA E SENANDE
O BNG de acordo cos máis de 150 veciños e veciñas que asinaron unha solicitude para a dotación de servizos básicos de saneamento e traída de augas presentou unha moción no concello ao respecto.
A pesar dos impedimentos continuamos na defensa dos intereses da cidadanía e conseguimos investimentos para a realización desta obra.
Nestes días técnicos da Consellería de Medio Rural visitaran Antas para poñer en marcha a traída de auga e o saneamento de Dorra e Senande.


4 comentarios:
Eso quere decir que se van a executar as obras?. E por certo, non ten algo que decir o alcalde de todo este tema?, vaino consentir?, porque xa temos precedentes de actuacións paralizadas desde a alcaldía
A obra vaise realizar.
A diferenza fundamental desta actuación con outras precedentes está na unión dos veciños. Xuntaron máis de 150 firmas que presentaron no concello e ante iso, o alcalde viuse na obriga de autorizar o investimento da consellaría de Medio Rural.
É de confesar que eu asineí esa proposta e sorprendeume e alegroúme que se fixera una colleita de sinaturas para denunciar a falla de infraestructuras básicas nesta zona. Nembargantes todo este tema faíme reflexionar o seguinte: a qué se dedica o noso alcalde?.....
Agardo polos vosos comentarios
A cobrar a fin de mes!
Tamén podería respostar que o alcalde se adica a
- Mercar fincas.
- Meterse en pleitos por mercar fincas.
- Enviar cartas aos veciños unhas veces ameazantes (como o bando da traída de augas de Antas) e outras hilarantes.
- Dilapidar cartos públicos en complexos castrexos que se constrúen sin saber a qué se van adicar, ou fundir 400.000€ nun trolleiro.
- Vender fume.
- Opoñerse por sistema a calquera iniciativa que se presente desde a oposición, aínda que veña con compromiso de finanzamento polas distintas consellarías...
Penso que a situación actual do concello é un bo reflexo de a que NON se adica o alcalde.
Nucleos de poboación sen saneamento, as pistas completamente esburatadas, falla de potencia eléctrica na maioría das parroquias, falta dun plan de urbanismo, dun polígono industrial(ademáis do cartel, temos algo máis), servizos precarios coma o colexio ou o centro médico.
Enviar um comentário