28 de Mar de 2008

O BNG DE ANTAS DE ULLA DENUNCIA O ATRASO NA PRESENTACIÓN DOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS

O BNG preguntou no Pleno polo litixio penal que o Concello ten coa Voz de Galicia por un artigo publicado en outubro de 2006; contestando a alcaldía que a día de hoxe o Concello xa ten gastado 3000 euros neste asunto. Nós os nacionalistas, que no seu momento votamos en contra do citado procedemento xudicial por entender que non era o método, denunciamos agora que se están a gastar cartos nun procedemento penal que non vai ter ningún beneficio para os veciños e veciñas de Antas de Ulla.
O grupo Municipal do BNG denuncia o atraso de catro anos na presentación dos Orzamentos municipais, como se demostrou durante o Pleno ordinario de hoxe cando houbo que facer uns recoñecementos de crédito para, por exemplo, o mantemento da fotocopiadora. Isto amosa, segundo os nacionalistas, unha falta total de previsión e un nulo compromiso coa cidadanía que debe coñecer os fundamentos da política económica do Concello.

Así mesmo consideramos que o goberno do PP segue sen contestar as preguntas, formuladas en tempo e forma e de acordo co Regulamento, e que estaban referidas a actitude do goberno municipal na Feira do Queixo Arzúa-Ulloa do mes pasado e que supuxo que o stand do Concello estivese baleiro. Ou as referidas ao custe do envío de cartas por parte da alcaldía de propaganda electoral durante a pasada campaña e pagadas con cargo aos fondos municipais e nas que criticaba ao BNG con falacias e mentiras. O PP está a incumprir o regulamento sistematicamente durante os Plenos con actitudes antidemocráticas e coartan a participación da oposición.
O BNG requiriu do Pleno que adopte unha serie de medidas para protexer e promocionar os petroglifos do Farelo.
Que se mellore o alumeado público do Concello, especialmente na rúa do colexio (Miguel Ángel Blanco) onde o mantemento das farolas denota unha neglixencia absoluta e unha falta de previsión.
Que se proceda á reparación do Rego dos Lameiros, entre Santa Cristina e Castro, para que a auga volva a chegar ao núcleo rural como antano.
E que non desfaga a pista e que todas as asociacións culturais da vila, que o soliciten, dispoñan de enlaces na páxina web municipal.

0 comentarios: