O BNG É A UNICA FORZA CUN ASCENSO ELECTORAL CLARO EN ANTAS DE ULLA
O apoio recibido polo BNG de Antas de Ulla por parte dos veciños e veciñas, vén a respaldar tanto o traballo que un grupo de persoas estamos a facer dende a agrupación local como a liña de actuación do noso grupo municipal.
Os ataques desde a Alcaldía aos nosos concelleiros e a súa labor de oposición foi respostada pola cidadanía expresando a súa vontade nas furnas; quedando fortalecidas as nosas posicións e minguada a forza do grupo de goberno do PP.
Somos o grupo político que máis sube: 53 votos máis. O PP baixa 169 e o PSOE soamente consegue 29 máis.

Con respecto á mesa da vila de Antas son especialmente significativos os resultados xa que o PP mantense o PSOE perde 9 e Nós, o BNG, subimos case 30 votos.
Seguiremos traballando para non defraudarvos.
Moitas grazas veciños e veciñas pola vosa confianza.



1 comentarios:
Espero que esta tendencia alcista se manteña e se contaxie o resto da nosa terra.
o teu compañeiro xabier ( kco )
Enviar um comentário