O BNG DE ANTAS DE ULLA DENUNCIA O ABANDONO DE LOCAIS MUNICIPAIS
O Grupo Municipal do BNG de Antas de Ulla vén de rexistrar unha moción para o próximo Pleno na que solicitan que se estableza un Plan de mellora de inmobles municipais que na actualidade non reúnen as suficientes condicións de habitabilidade para que sexan destinados, entre outros cometidos, a lugares de reunión dos distintos grupos políticos e asociacións culturais ou deportivas que así o soliciten.
Os concelleiros nacionalistas aseguran “que o actual goberno non está actuando correctamente neste sentido porque nin puxo á disposición dos grupos municipais ningún local municipal – segundo establece a lexislación vixente – nin tampouco está pola labor de acondicionar algún edificio que a día de hoxe está abandonado e sen ningunha función como é, por exemplo, a Casa da Irmandade”.
Pensamos que é necesaria unha análise dos bens municipais que están en desuso ou aqueles que non reúnen as suficientes condicións de habitabilidade para facer unha proposta que os faga útiles para a cidadanía de Antas de Ulla, xa que, é ben sabido que as asociacións culturais e deportivas veñen reclamando un lugar onde poder facer as súas reunións.. .

0 comentarios:
Enviar um comentário