O BNG DE ANTAS ENTREVISTA A ...
Hoxe falamos con Carlos Casares Guerra, empresario horticultor, ten 40 anos. É natural de Penela.
Cantos anos levas con isto dos invernadoiros?
Oito anos. Empecei cunha cooperativa despois dun obradoiro de emprego da Xunta de Galicia , e máis aló do que son os resultados económicos, a calidade de vida que me ofrece este medio, lévame a animar á xente nova a que elixa esta maneira de vivir no campo .
Cóntase nestes momentos con axudas da administración?
Conta, si, aínda que estas non son suficientes . Para nós a venda a maioristas supón un recorte importante dos beneficios, e por outro lado a venda ao pequeno comercio leva consigo un incremento de gastos adicionais, tempo, transportes,... etc... e é para iso para o que precisamos mais axudas, para mellorar as canles de distribución.

Que medidas pensas que se poden adoptar para mellorar o campo?
Máis formación para a xente que está no medio ou que quere iniciarse. Impulsar unha maior concienciación desde as grandes cooperativas agrarias entre os seus socios, que non todo é carne e leite, que a horta tamén é unha alternativa de futuro. Intentar pechar os ciclos produtivos, e sempre baseados na calidade dos produtos.

Consideras suficientes os investimentos nas parroquias ?
Non. Os servizos básicos como saneamentos, traídas de auga , accesos en condicións, servizo eléctrico coa potencia debida, internet, etc... son hoxe por hoxe imprescindibles para o desenvolvemento do medio rural.

Que iniciativas pensas que deben tomar concellos como o de Antas de Ulla ?
Penso que os pequenos concellos deberían tratar de compartir moitos dos servizos que teñen a obriga de dar aos cidadáns e impulsar de xeito conxunto o emprego.

0 comentarios:
Enviar um comentário