O BNG DE ANTAS PREGUNTA: U-LOS ORZAMENTOS...?
A situación de desgoberno na que vive Antas, queda ben demostrada na falla de debate orzamentario dende o ano 2004!!! Os orzamentos son unha obriga para o Grupo de Goberno, e así llo recordou o Consello de Contas de Galicia ao Sr. Alcalde, pero ademais representan a principal ferramenta de fiscalización da acción de goberno xa que neles prevense os programas de actuación e defínense as intencións políticas .
Cando na orde do día dun pleno ordinario aparece o recoñecemento de créditos para pagar a luz, o arranxo do tractor, o mantemento da fotocopiadora , os palcos da música, ou a orquestra da festa dos coches do ano pasado, ...etc, quere dicir que Antas nin ten Alcalde, nin equipo de Goberno que se ocupe de xestionar o concello .

Desde estas liñas (no pleno xa llelo dixemos varias veces) queremos invitar aos concelleiros do PP a que traballen un pouco máis, que para iso algúns cobran, e presenten os orzamentos, para que os poidamos debater e aprobar ano a ano en tempo e forma debidos.

0 comentarios:
Enviar um comentário